11.12.18

OS ENSAIOS DO NADAL 2018

Ola familias: 
Xa tendes na columna da esquerda os agasallos en galego deste Nadal, que presenta a Mesa pola Normalización. 
Tamén vos deixamos unhas fotos dos ensaios do festival, para ir facendo boca. A verdade é que non paramos e @s nen@s estanse esforzando moito, esperando que vos guste a súa actuación. 
Agardamos que xa teñades os disfraces preparados. Xa sabedes: A perruca e a barba coa boina, unha camisa de cadros e un chaleco, pantalón vaqueiro e botas ou zapatos, non zapatillas de deporte. Hai que poñer un recheo que faga unha pouca de barriga, como vedes nos debuxos do Apalpador, pero sen exaxerar. 
Calquera dúbida, os titores estamos á vosa disposición. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario